Chipewyan ᑌᓀ ᓱᒼᕄᓀ ᔭᕠᐁ Dënë Sųłinë́ Yatıé | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | Norte de Alberta, Saskatchewan, Manitoba; sur de Territorios do Noroeste e Nunavut | |
Total de falantes: | 11.895[1] | |
Familia: | Linguas atapascanas | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Territorios do Noroeste[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | chp | |
ISO 639-3: | chp
| |
SIL: | CPW
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua chipewyan (tamén nomeada Dënë Sųłinë́ Yatıé), é o idioma falado polo pobo chipewyan, tribo da parte central do Canadá. Forma parte da familia atapascana e está relacionada con linguas como o navagho. O chipewyan ten uns 12.000 parlantes canadenses, maioritariamente en Saskatchewan, Alberta e Territorios do Noroeste,[1] mais só ten a condición de oficialidade nos Territorios do Noroeste, canda outras oito linguas indíxenas de América: cree, dogrib, gwich'in, inuktitut, inuinnaqtun, inuvialuktun, slave norte e slave sur.[4]