Efik Usem Efịk | ||
---|---|---|
Falado en: | Sur Nixeria | |
Rexións: | Cross River | |
Total de falantes: | 698 620 (2020) 2 millóns (2ª lingua) | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-congo Benue-congo río Cross Baixo Cross Ibibio-efik Efik | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | efi
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua efik /ˈɛfɪk/[2] (Usem Efịk) é unha lingua falada polo pobo efik, que habita nos estados de Cross River e Akwa Ibom, en Nixeria, así como no noroeste do Camerún. A lingua efik é mutuamente intelixible con outras linguas do baixo Cross River como o ibibio, o anaang, o oro e o Ekid mais o grao de intelixibilidade no caso do oro e o ekid é unidireccional; noutras palabras, os falantes destas linguas falan e entenden efik (e ibibio) pero non viceversa.[3] O vocabulario efik foi enriquecido e influenciado polo contacto externo cos británicos, portugueses e outras comunidades circundantes como os balondo, os oron, os efut, os okoyong, os efiat e os ekoi (Qua).[4][5]