Gumuz B'aga | ||
---|---|---|
Falado en: | Etiopía e o Sudán | |
Total de falantes: | 180 000 en Etiopía (censo de 2007) 40 000 no Sudán (sen data) | |
Familia: | Nilo-sahariana Komuz Gumuz | |
Escrita: | Alfabeto ge'ez e latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | guk
| |
Mapa | ||
Status | ||
O gumuz é un continuo dialectal considerada lingua[1] falada entre Etiopía e o Sudán e clasificada dentro da familia nilo-sahariana. A maioría dos falantes en Etiopía viven nas zonas Kamashi e Metekel da rexión de Benishangul-Gumuz, non obstante uns 1000 viven en aldeas próximas á cidade de Welkite na rexión das Nacións, Nacionalidades e Pobos do Sur.[2] Os falantes sudaneses viven nunha área ao leste de Er Roseires, arredor de Famaka e Fazoglo no Nilo Azul.[3]
O primeiro testemuño escrito da lingua foi unha lista de palabras recollidas na zona do Monte Guba en febreiro de 1883 por Juan María Schuver.[4]