Lingua laurentiana

Laurentiano
Outros nomes:Iroqués de San Lourenzo
Falado en: Canadá
Rexións: río San Lourenzo
Extinción: finais do século XVI
Familia: Americana
 Iroqués
  Laurentiano
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: lre
Mapa
Status

O laurentiano está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua laurentiana é unha lingua morta que pertence á familia iroquesa e que foi falada outrora polo pobo laurentiano. Falouse até finais do século XVI ao longo das beiras do río San Lourenzo nos actuais Quebec e Ontario, no Canadá. Crese que desapareceu coa extinción do pobo iroqués de San Lourenzo, probablemente como resultado da guerra cos mohawk, a nación máis poderosa dos Haudenosaunee ou da Confederación Iroquesa ao sur, na actualidade o estado de Nova York nos Estados Unidos.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne