Powhatan Kikitowämak | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Virxinia e Maryland | |
Extinción: | (1785- 1790) | |
Familia: | Álxico Algonquino Algonquino oriental Powhatan | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pim
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua powhatan ou lingua algonquina de Virxinia (cuxo autónimo é kikitowämak) é unha lingua morta pertencente á pola oriental da familia algonquina. Foi falada polos powhatan de Virxinia. Extinguiuse arredor de 1790 despois de que os seus falantes foran forzados baixo coacción a falar inglés.[1][2]
As únicas probas documentais desta lingua son dúas listas de palabras rexistradas no tempo do primeiro contacto cos europeos. William Strachey rexistrou arredor de 500 palabras e o capitán John Smith rexistrou outras 50.[3][4] Smith tamén rexistrou a existencia dun pidgin do powhatan, pero non se coñece nada sobre el.[5]
Ó igual que outras linguas algonquinas, o powhatan non tiña un sistema de escrita, polo que todo o que se sabe da lingua son estes rexistros do século XVII e a investigación que se pode facer con comparacións doutras linguas algonquinas.