Quileute 'Kʷòʔlíyotʼ' | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América, Península Olímpica | |
Extinción: | 1999 | |
Familia: | lingua chimakuana Quileute | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | qui
| |
Mapa | ||
Status | ||
O quileute,[2] tamén coñecido como quillayute, foi a última lingua chimakuana que foi falada até finais do século XX polo pobo quileute. Foi falada por uns poucos anciáns na década de 1977 e en 1999 morreu o derradeiro falante nativo,[3] os cales habitaban na península Olímpica en cabo Flattery en La Push e o río Hoh, no estado de Washington, nos Estados Unidos. O nome quileute provén de kʷoʔlí·yot’ (kʷoʔléːjotʼ), o nome dunha vila en La Push.
O quileute é famoso pola súa carencia de consoantes nasais, como o [m], o [n], ou vogais nasais, un trazo característico do estreito de Puget.[4] O quileute é unha lingua polisintética e as palabas poden ser bastante longas.