Rama | ||
---|---|---|
Falado en: | Nicaragua | |
Total de falantes: | 740 (2009)[1] | |
Familia: | Americana Chibcha Vótica Rama | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | rma
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua rama é unha lingua falada polo pobo rama de Nicaragua, pertencente á familia lingüística chibcha. Os seus falantes habitan na illa de caio Rama e o sur do lago Bluefields na costa caribe de Nicaragua. Outras linguas indíxenas da rexión inclúen o miskito e o sumo.[3] O rama é unha das linguas máis setentrionais da familia chibcha.[4]
A lingua rama está gravemente ameazada. A súa lingua foi descrita como "morrendo rapidamente por falta de uso" xa na década de 1860.[5] Contra o ano 1980, díxose dos rama que "case perderon a súa lingua étnica orixinal" e convertéronse en falantes dunha forma de crioulo inglés.[4] En 1992, só se podían atopar aproximadamente 36 falantes fluídos entre unha poboación étnica de 649 individuos.[3] O número de falantes na illa de caio Rama era de só 4 persoas en 1992. Houbo varios esforzos de dinamización lingüística. O traballo de campo para o primeiro dicionario de rama foi feito durante este tempo por Robin Schneider, un estudante graduado da Universidade de Berlín.[6]