Sauk | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Álxico Algonquino Sauk | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | sac
| |
Mapa | ||
Distribución dos falantes de sauk-fox antes da colonización. Distribución dos falantes actuais en Oklahoma. | ||
Status | ||
O sauk é considerado tanto un dialecto da lingua fox como unha lingua distinta, unha das moitas linguas agonquinas. Está moi relacionado cos dialectos que falan os meskwaki e os kickapoo. Cada un dos dialectos contén arcaísmos e innovacións que os distinguen entre eles. O sauk e o meskwaki parecen ser os máis emparentados dos tres, o que reflicte a longa relación entre os pobos.[2] Considérase que Sauk é mutuamente intelixible, ata certo punto, coa lingua fox. O sauk ten tan poucos falantes que se considera unha lingua en perigo de extinción, como moitas outras nativas de América do Norte.
Na súa propia lingua, os sauk chamáronse outrora a si mesmos asakiwaki [a-'sak-i-wa-ki], "xente da desembocadora".[3] O pobo sauk ten un silabario propio para a súa lingua. Publicaron un libro introdutorio en 1975,[4] baseado nun silabario "tradicional" que existía en 1906. Ao redor de 1994 propúxose unha nova ortografía para axudar ao renacemento da lingua. O antigo silabario estaba dirixido aos xa falantes nativos de sauk; a ortografía máis recente foi desenvolvida para falantes nativos de inglés, xa que moitos sauk crecen co inglés como primeira lingua.[5]
En 2005, publicouse A Concise Dictionary of the Sauk Language usando a ortografía estándar algonquina.[6]
En 2012, Shawnee High School de Shawnee, Oklahoma, comezou a ofrecer un curso de lingua sauk.[7]