Lingua tehuelche

Tehuelche
Aoniken, Inaquen, Gunua-Kena, Gununa-Kena
Falado en: Arxentina
Rexións: Patagonia
Extinción: 2019 (coa morte de Dora Manchado)[1]
Familia: Chon
 Chon continental
  Tehuelche
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: teh
Mapa
Status

O tehuelche está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua tehuelche,[3] pertencente ao grupo de linguas chon, foi falada polo pobo tehuelche meridional ou aónikenk da Patagonia. O seu autónimo foi aonekʾen ʾaʾjen, a lingua do Sur. A denominación tehuelche é un exónimo proveniente do mapudungun "xente belicosa". Existe a evidencia lingüística que permite clasificar o tehuelche dentro das linguas chon meridionais. Dentro das linguas chon o tehuelche ten proximidade coa extinta lingua teushen. No 2000 restaban catro falantes da lingua.

  1. "Museums of the mind: Why we should preserve endangered languages · Global Voices". Nov 6, 2019. Consultado o 12 de outubro de 2020. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de tehuelche no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne