Wapishana | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Wapixana | |
Falado en: | Brasil e Güiana | |
Total de falantes: | 13 000 (2000)[1] | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Wapishana (río Branco) Wapishana | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | wap
| |
Mapa | ||
![]() Mapa das linguas arauacas. O wapishana na fronteira sur de Güiana. | ||
Status | ||
![]() |
A lingua wapishana é unha lingua arauaca falada polo pobo wapishana en Güiana e no Brasil. É falada por unhas 13.000 persoas en ambos os dous lados da fronteira entre Güiana e o Brasil.[3]
No Brasil a maior concentración de falantes de wapishana atópase nos concellos de Cantá e Bonfim, na rexión da Serra da Lua, onde está recoñecida como lingua oficial dende 2014.[4]
As presións externas diminuíron o uso do wapishana entre as xeracións máis novas, e non foi ata 1987 cando o wapishana foi utilizado como lingua de ensino nas escolas indíxenas da comunidade lingüística. En 2009, A Universidade Federal de Roraima creou un programa de extensión para aprender wapishana.[4] En Güiana, hai organizacións para a preservación da lingua, como Wapichan Wadauniinao Ati'o.[5]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Meira-2019