Wyandot | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América, Canadá | |
Rexións: | nordeste de Oklahoma, Quebec; preto de Sandwich, Ontario, e Wyandotte, Oklahoma | |
Extinción: | O último falante morreu en 1972.[1] | |
Familia: | Americana Iroqués Iroqués do norte Iroqués dos lagos Cinco Nacións Huroniano Wyandot | |
Escrita: | latino modificado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | wya
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua wyandot é unha lingua iroquesa falada tradicionalmente polo pobo wyandot ou hurón, descendentes dos wendat. Foi falado polos membros das comunidades de Oklahoma, nos Estados Unidos e do Quebec, no Canadá. O wyandot "morreu" como lingua falada hai un século, malia que hai iniciativas que pretenden a súa revitalización. A Nación Wyandotte de Oklahoma está ofrecendo clases de wyandot nas Escolas Públicas Wyandotte, graos K–4, e tamén no programa preescolar "Turtle-Tots" da Nación Wyandotte. A comunidade Wendat do Quebec está ofrecendo clases para nenos e adultos en lingua wyandot no colexio de Wendake.