Yonaguni 与那国物言/ドゥナンムヌイ Dunan Munui | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [dunaŋmunui] | |
Falado en: | Xapón | |
Rexións: | Yonaguni | |
Total de falantes: | 400 (2008) | |
Familia: | Lingua illada Ryukyuano Ryukyu do sur Macro-yaeyama Yonaguni | |
Escrita: | Escrita xaponesa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | yoi
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua yonaguni (与那国物言/ドゥナンムヌイ Dunan Munui) é unha lingua ryukyana falada por arredor de 400 persoas na illa de Yonaguni, nas Illas Ryukyu, o un arquipélago xaponés ao leste de Taiwán.[2] Está estreitamente relacionada coa lingua yaeyama. Debido á política xaponesa en relación ás linguas, non está recoñecida polo goberno, e é considerado un dialecto (与那国方言, "Yonaguni hōgen"). Segundo a clasificación da UNESCO, o yonaguni é unha das linguas que se atopan en maior perigo de todo o Xapón, só por detrás do ainu.