Algonquino Anicinâbemowin | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | Quebec e partes de Ontario | |
Total de falantes: | 3.330 (censo de 2016)[1] | |
Familia: | Linguas álxicas Linguas algonquinas Linguas algonquinas centrais Lingua anishinaabe Algonquino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún lado | |
Regulado por: | Non está regulada | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | alg | |
ISO 639-3: | alq
| |
Mapa | ||
En verde, o territorio histórico da lingua algonquina. | ||
Status | ||
![]() |
O algonquino[3] é unha lingua do grupo algonquino falada polo pobo algonquino que habita no Canadá. Próxima ao ojibwa, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua.[4] O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade «animada/inanimada». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador «directo-inverso» que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.