Anglonormando Normand | ||
---|---|---|
Falado en: | Gran Bretaña e Irlanda | |
Extinción: | Data descoñecida. Contribuíu significativamente no inglés medio. | |
Familia: | Indoeuropeo Itálico Románico Italo-Occidental Galoibérico Galorrománico Oïl Normando Anglonormando | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xno
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua anglonormanda[1] é unha variedade da lingua normanda que foi empregada no Reino de Inglaterra e, en menor grao, nas Illas Británicas durante o período anglonormando.
Cando Guillerme o Conquistador liderou a conquista normanda de Inglaterra en 1066, el, os seus nobres, e moitos dos seus seguidores de Normandía, falaban unha variedade de linguas d'oïl (variedades setentrionais do galo-románico). Unha delas era o normando antigo, e outros seguidores falaban variedades da lingua picarda do oeste francés. Esta amálgama converteuse nun único dialecto insular coñecido como anglonormando, que era de uso común na literatura e na administración entre os séculos XII e XV. É difícil saber con exactitude a extensión da lingua na poboación xa que o que se sabe dela restrínxese ós rexistros escritos, pero si se sabe que o anglonormando era en gran medida a lingua falada polas clases altas da Inglaterra medieval.