Asturiano asturianu | ||
---|---|---|
Falado en: | Asturias | |
Total de falantes: | 550.000 (100.000 de lingua materna) | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-occidental Occidental Galo-ibérica Ibero-románica Asturleonés Asturiano | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial. Recoñecido en Asturias. | |
Regulado por: | Academia de la Llingua Asturiana | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ast | |
SIL: | ast
| |
Mapa | ||
Status | ||
O asturiano[2][3] (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés, e derivada directamente do latín. É a lingua tradicional do Principado de Asturias[4]. É unha lingua próxima filoxeneticamente ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F inicial latino.
Outro dos nomes utilizados tradicionalmente para esta lingua é o de bable[5][6], pero en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". Os procesos de normativización e estandarización da lingua lévaos a cabo a Academia de la Llingua Asturiana.