Cebuano Sugboanon | ||
---|---|---|
Falado en: | Filipinas (na zona de Visayas e partes de Mindanao) | |
Rexións: | Filipinas (Asia) | |
Total de falantes: | 31 millóns (deles uns 18-20 millóns como lingua nativa) | |
Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Borneo-filipino Mesofilipino Cebuano | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Regulado por: | Sen regulador | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ceb (B) | --- (T) |
ISO 639-3: | ceb
| |
SIL: | CEB
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
O cebuano,[2][3] tamén coñecido coma sugbuanon, é unha lingua pertencente ó filo austronesio, dentro da rama occidental malaio-polinesia e do grupo Visayas (Visayan ou Binisayâ). Falada en Filipinas por preto de 18 000 000 persoas. O nome provén do nome da illa filipina de Cebú.
O cebuano é a lingua nativa dos habitantes de Cebú, de Bohol, de Negros Oriental e da xente da provincia occidental de Leyte e Mindanao norteño. Tamén se fala nalgunhas cidades e illas en Samar. Ata os anos 1980, o cebuano superaba ó tagalo en termos de falantes. O dialecto usado en Bohol chámase Boholán e ás veces considérase un idioma separado.