Checo Čeština | ||
---|---|---|
Falado en: | Chequia, Austria, Bulgaria, Canadá, Israel, Polonia, Eslovaquia, Ucraína, Estados Unidos | |
Rexións: | Europa Central | |
Total de falantes: | 12 millóns | |
Posición: | 73 | |
Familia: | Indoeuropea Eslava Eslava occidental Checo-eslovaca Checo | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | República Checa Unión Europea | |
Regulado por: | Instituto da Lingua Checa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | cs
| |
ISO 639-2: | cce (B) | ces (T) |
ISO 639-3: | ces
| |
SIL: | CES
| |
Mapa | ||
Status | ||
O checo[2] é unha das linguas eslavas do oeste de Europa, xunto co polaco, eslovaco e o sorbio. Falado por un total duns 12 millóns de persoas, principalmente na República Checa (nas dúas provincias da Bohemia e Moravia e na parte meridional da Silesia) por cerca de 9,5 millóns de persoas. Hai tamén comunidades illadas nos países veciños: en Austria hai unha comunidade de 20.000 falantes en Viena[3], en Romanía hai seis lugares onde o checo é a lingua propia como resultado dunha inimigración no século XIX, en 2002 eran case 4000[4], na Voivodina o checo é oficial no concello de Bela Crkva[5], onde se sitúa a pequena aldea de Češko Selo, na cal a maioría dos seus 46 habitantes son de lingua checa. Existen importantes minorías formadas por inmigrantes en Alemaña, Estados Unidos, Eslovaquia e outros países.
O checo utiliza o alfabeto latino con sinais diacríticas para a súa escrita. A fonoloxía do checo pode ser difícil para falantes doutras linguas. Por exemplo, algunhas palabras non parecen ter vogais: ztvrdl (endurecido), scvrkl (afondado), blb (bobo), vlk (lobo), e smrt (morte). Hai un exemplo popular disto na frase "strč prst skrz krk" que significa "meter un dedo na túa gorxa".
As linguas checa e eslovaca son mutuamente intelixíbeis e próximas na escrita, mais difiren fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da radio e da televisión nacionais, ata a partición de Checoslovaquia no 1993. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión.