Comoriano | ||
---|---|---|
Falado en: | Comores e Mayotte | |
Total de falantes: | 800 000 nas Comores 300 000 en Mayotte (2011 e 2007) | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-congolesa Benue-congo Bantoide meridional Bantú Costa nordeste Sabaki Comoriano | |
Escrita: | Alfabeto árabe Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | ![]() | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | varios:zdj — Ngazidjawni — Ndzwaniswb — Maorewlc — Mwali
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
O comoriano[1] (Shikomori ou Shimasiwa, a "lingua de illas") é o nome dado a un grupo de catro linguas bantús faladas nas Comores, un arquipélago do suroeste do océano Índico entre Mozambique e Madagascar. É considerada unha das linguas oficiais da Unión das Comores na Constitución comoriana. O shimaore, unha das linguas, é falado na illa en disputa de Mayotte, un departamento francés reclamado polas Comores. Ó igual có suahili, o comoriano é membro das linguas sabaki, que forman parte da familia de linguas bantús. Cada illa ten a súa variedade e as catro son divididas convencionalmente en dous grupos: o grupo oriental composto polo shindzuani (falado en Ndzuani) e o shimaore (en Mayotte), mentres que o grupo occidental componse do shimwali (Mwali) e do shingazija (Ngazidja). Aínda que as linguas dos diferentes grupos non son intelixibles entre elas, xa que só comparten o 80% do léxico, si o dentro de cada grupos.[2]
Historicamente, a lingua foi escrita en alfabeto árabe. A administración colonial francesa introduciu o alfabeto latino, do cal foi aprobada unha versión oficialmente en 2009.[3] O alfabeto árabe aínda é usado amplamente.
É a lingua na que está escrita o himno nacional do país, Udzima wa ya Masiwa.