Corso Corsu | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ˈkɔrsu] | |
Falado en: | Córsega e norte de Sardeña | |
Total de falantes: | 100.000-400.000 | |
Familia: | Indoeuropea | |
Escrita: | Alfabeto latino (alfabeto corso) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é ningún sitio | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | co
| |
ISO 639-2: | cos | |
ISO 639-3: | cos
| |
Mapa | ||
Status | ||
O corso[2][3] (corsu, /ˈkɔrsu/) é unha lingua románica, falada polo pobo corso que habita na illa de Córsega. Tamén é falado en Gallura, Sardeña (Italia). Posúe fortes similitudes co italiano e en particular con dialectos da Toscana. Constitúe unha lingua polinómica[4], conformada por dúas grandes variedades, a cismontana que se fala na zona nororiental de Córsega e que sufriu un forte proceso de toscanización e a ultramontana, que conserva características arcaizantes.
Segundo a clasificación da UNESCO, a lingua corsa encóntrase en perigo de extinción[5].