Escocés Gàidhlig | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˈkaːlikʲ/ | |
Falado en: | Escocia, Canadá | |
Rexións: | Europa occidental | |
Total de falantes: | 58.552 en Escocia[1] 500[2] - 2.000[3] en Nova Escocia 1.610 nos EUA (ano 2002)[4] | |
Familia: | Céltica Céltica insular Goidélica Escocés | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Escocia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | gd
| |
ISO 639-2: | gla | |
ISO 639-3: | gla
| |
Mapa | ||
Status | ||
O escocés[6] ou gaélico escocés (gàidhlig) é unha lingua céltica falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país; fálana só 70.000 persoas aínda que en tempos tivo unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia. Recentemente fixéronse intentos por recuperala e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés nalgunhas administracións locais.
O gaélico escocés é membro da rama goidélica das linguas celtas, que inclúe tamén as variantes de Irlanda e de Manx. Provén do irlandés antigo, xa que chegou desde Irlanda a Escocia a partir do século IV.