Exipcio 'r n km.t
| ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Falado en: | Antigo Exipto | |||||||
Extinción: | Evolucionou no demótico no -600, no copto no 200, e desapareceu no século XVII | |||||||
Familia: | Afroasiática Exipcio | |||||||
Escrita: | Xeróglifos, hierático, demótico e copto (posteriormente, en alfabeto árabe nas traducións do goberno) | |||||||
Códigos de lingua | ||||||||
ISO 639-1: | --
| |||||||
ISO 639-2: | egy | |||||||
ISO 639-3: | egy
| |||||||
Mapa | ||||||||
![]() | ||||||||
Status | ||||||||
![]() |
A lingua exipcia é a máis antiga lingua de Exipto, pertencente á familia lingüística afroasiática. A frase completa máis antiga que se coñece da lingua exipcia data do ano -2690, o que a converte nunha das linguas escritas máis antigas que se coñecen, xunto co sumerio. O exipcio falouse até o século XVII na súa evolución copta. A lingua nacional do Exipto moderno é o árabe exipcio, que substituíu gradualmente ó copto como a lingua de uso habitual nos séculos posteriores á conquista musulmá de Exipto.[1]
O copto é aínda empregado na actualidade como lingua litúrxica da Igrexa Ortodoxa Copta. Ten uns poucos centos de falantes fluídos.[2]