Feroés 'føroyskt' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ˈføːɹɪst] | |
Falado en: | Illas Feroe (Dinamarca) | |
Rexións: | Illas Feroe | |
Total de falantes: | 60.000–80.000 | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Setentrional Escandinava Occidental Feroés | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Illas Feroe | |
Regulado por: | Føroyska málnevndin | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | fo
| |
ISO 639-2: | fao | |
ISO 639-3: | fao
| |
SIL: | FAE
| |
Mapa | ||
Status | ||
O feroés[2] (chamada polos nativos føroyskt), é unha lingua do grupo indoeuropeo da familia xermánica, de orixe continental, falada polo pobo feroés. O feroés é, xunto co islandés e o extinto norn, unha das linguas máis próximas ó noruegués antigo, de xeito que entre eles se poden entender e teñen un alto grao de comprensión das outras linguas escandinavas. É a lingua oficial das illas Feroe (que quere dicir illas das ovellas), falada polos 47.000 habitantes das illas máis cerca de 12.000 feroeses na Dinamarca.