Flamengo Vlaams | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Neerlandés flamengo | |
Falado en: | Países Baixos, Bélxica, Francia | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropeo Xermánica Xermánica occidental Baixoxermánica Baixo fráncico Neerlandés Flamengo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Flandres | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O neerlandés flamengo (vlaams-nederlands), ou simplemente flamengo[1] (vlaams),[2][3][4] é o dialecto ou variedade rexional da lingua neerlandesa falada en Flandres polo pobo flamengo, e polo tanto unha das linguas de Bélxica. O neerlandés era falado orixinalmente na zona da desembocadura dos ríos Rin, Escalda e Mosa que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Norte de Bélxica, Norte de Francia (Dunkerque, Calais) e unha pequena parte do noroeste de Alemaña.
A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ó norte e os Países Baixos do Sur ó sur. Esta separación política entre as provincias neerlandófonas provocou que en cada zona a lingua sufrise unha evolución con algunhas singularidades.
A hexemonía das provincias de Flandres no sur e de Holanda no norte deu lugar a que, de maneira algo informal, se usase o termo flamengo para distinguir as peculiaridades do sur e holandés para as do norte, aínda que ambos deben ser considerados dous dos principais dialectos do neerlandés.
Ademais, cada cidade, vila e aldea ten a súa propia fala, case sempre en progresivo declive.[5] O conxunto de todos os dialectos falados na rexión de Flandres sería o que se adoita chamar lingua flamenga.