Lingua hawaiana ‘Ōlelo Hawai‘i | ||
---|---|---|
Falado en: | Illas Hawai | |
Total de falantes: | ~24.000 (2008) | |
Familia: | Austronesio Malaio-Polinesio | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Hawai (Estados Unidos) | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | haw
| |
ISO 639-2: | haw | |
SIL: | HWI
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
O hawaiano[2] (Ōlelo Hawai‘i) é unha lingua do grupo malaio-polinesio falada en Hawai polo pobo hawaiano. Canda o inglés, é a lingua oficial do Estado de Hawai. É a linguaxe que deu orixe á verba Wiki da Wikipedia, que significa "rápido".
O hawaiano pertence ao grupo das linguas polinesias, xunto con idiomas como o tahitiano, samoano, o maorí, e o rapanui, e relaciónase na distancia co indonesio, o malgaxe, o tagalo e as linguas indíxenas de Taiwán.