Ioruba èdè Yorùbá | ||
---|---|---|
Falado en: | Nixeria, Benín | |
Total de falantes: | 28 000 000 (2007)[1] | |
Familia: | Atlántico-congolés Volta-níxer YEAI Ioruboide Ederiki Ioruba | |
Escrita: | Latino, braille ioruba | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | ![]() | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | yo
| |
ISO 639-2: | yor | |
ISO 639-3: | yor
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua ioruba[3] ou lingua yoruba[4] (èdè Yorùbá) é unha lingua falada en África Occidental, principalmente en Nixeria. O número de falantes de ioruba estimábase en arredor de 20 millóns na década de 1990.[5] É a lingua nativa do pobo ioruba, que viven en Nixeria e Benín, con comunidades en Europa, América e outras partes de África. Unha variedade da lingua, o lucumi, é a lingua litúrxica da relixión da Santería, no Caribe. O ioruba está moi relacionado coa lingua itsekiri (falada no delta do río Níxer) e co igala (falada en Nixeria central).