Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Letón latviešu valoda | ||
---|---|---|
Falado en: | Letonia | |
Total de falantes: | 1,7 millóns aprox. | |
Posición: | non está entre as 100 máis faladas | |
Familia: | Indoeuropea Báltica Báltica oriental Letón | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Letonia Unión Europea | |
Regulado por: | Centro Estatal da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | lv
| |
ISO 639-2: | lav | |
ISO 639-3: | lav
| |
Mapa | ||
Status | ||
O letón[2] é a lingua falada en Letonia, formando parte do subgrupo do leste das linguas bálticas que á súa vez pertence á familia de linguas indoeuropeas. Non é polo tanto nin xermánica nin eslava. A única lingua viva coa que mantén unha relación achegada de parentesco é o lituano. Porén, aínda que estean emparentadas, o vocabulario de ambas as dúas varía considerabelmente, polo que non son mutuamente intelixíbeis.
Esta lingua conta cuns 1 500 000 de falantes en Letonia e uns 200.000 fóra do país.
O letón é unha lingua flexiva con varias formas analíticas, tres dialectos, e con influencia sintáctica xermana. Ademais, ten dous xéneros gramaticais. Cada nome declínase en sete casos: nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, instrumental, locativo e vocativo.