Naskapi ᓇᔅᑲᐱ naskapi, ᐃᔪᐤ ᐃᔨᒧᐅᓐ iyuw iyimuun | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | Quebec e Labrador | |
Total de falantes: | 1.230 (censo de 2016)[1] | |
Familia: | Álxico Algonquino Cree-innu-aimun-naskapi[2] Naskapi | |
Escrita: | alfasilabarios nativos canadenses | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | nsk
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua naskapi (tamén coñecida como ᐃᔪᐤ ᐃᔨᒧᐅᓐ ᐃᔨᒧᐅᓐ/Iyuw Iyimuun) é unha lingua algonquina falada polo pobo naskapi no Quebec e Labrador, no Canadá.[4] A súa forma escrita é o silabario cree. O termo naskapi utilízase principalmente para referirse á lingua das persoas que viven no interior do Quebec e Labrador ou arredor de Kawawachikamach, Quebec. O naskapi é un continuo dialectal que ten moitas características lingüísticas en común co dialecto setentrional do cree oriental, e tamén comparte moitos elementos léxicos coa lingua innu-aimun.
Aínda que hai unha relación lingüística e cultural moito máis estreita entre o naskapi e o innu que entre o naskapi e outras comunidades lingüísticas cree, o naskapi segue sendo único e distinto de todas as outras variedades lingüísticas da península do Quebec-Labrador.