Lingua navagho

Navagho
Diné bizaad
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Arizona, Novo México, Utah, Colorado
Total de falantes: 170 000 (2015)[1]
7 600 monolingües
Familia: Linguas na-dené
 Linguas atapascanas
  Linguas atapascanas meridionais
   Navagho-apache
    Navagho
Códigos de lingua
ISO 639-1: nv
ISO 639-2: nav
ISO 639-3: nav
SIL: NAV
Mapa

Distribución do navagho antes da colonización.
Distribución do navagho na Nación Navagho.
Status

O navagho está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O navagho,[3] navaho ou navajo[4] (Diné bizaad) é unha lingua amerindia falada nos Estados Unidos de América por 149.000 indios navaghos. Pertence á subfamilia linguas atapascanas meridionais, á familia atapascana e ó filo na-dené.

Fálase nos estados de Arizona, Novo México, Utah, Colorado, California e Nevada; e unha pequena minoría de 37 persoas nos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Baixa California.

Na segunda guerra mundial, os americanos empregaron os navaghos para mandárense mensaxes codificadas. Nestas mensaxes, os navaghos empregaban curiosas palabras para referirse ao instrumental bélico, poñéndolle distintos nomes de paxaros a distintos avións, por exemplo.

  1. Ryan, Camille. "Language Use" (PDF). Censo do goberno (2011). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. González González, Manuel (ed.). "Navagho". Tergal. Consultado o 31/12/2024. 
  4. Definición de navajo* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne