Lingua persa media

O persa medio, pelvi ou persa sasánido, que inclúe, entre outras linguas, o palavi e o parto, é o conxunto de linguas iranias faladas durante o período sasánida. Derivaba do persa antigo e chegou até nós en documentos en escritura palavi, aínda que tamén foi rexistrado en escritura maniquea polos maniqueos persas.[1]

Na clasificación das linguas iranianas, o Período Medio inclúe as linguas comúns en Irán desde o século III a. C. (coa caída da dinastía aqueménida) até o século VII d. C. cando caeron os sasánidas.

  1. "Persa médio". dbpedia.org (pt). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2022. Consultado o 11 de agosto de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne