Pipil Nawat, Nawataketzalis | ||
---|---|---|
Falado en: | O Salvador | |
Total de falantes: | 500 (2015)[1] | |
Familia: | Uto-azteca Nahua Azteca xeral Meridional Pipil | |
Escrita: | Latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ppl
| |
Mapa | ||
Grupos indíxenas do Salvador na época da conquista española. | ||
Status | ||
O pipil[3] (nome nativo nawat) é unha lingua nativa de América Central e o membro máis meridional da familia de linguas uto-aztecas.[4] Foi falada polo pobo náhua en diversas partes da actual América Central antes da conquista española, mais no presente a maoría dos falantes quedaron reducidos a unha zona do oeste do Salvador. Estivo a piques de extinguirse mais grazas aos esforzos de recuperación e preservación das dúas últimas décadas, comezaron a aparecer novos falantes como segunda lingua.[5]
Segundo o censo de 2022 ten uns douscentos falantes nativos, dos cales 57 son de Santo Domingo de Guzmán.[6]