Lingua seri

Seri
Cmiique iitom
Pronuncia:[kw̃ĩːkɛˈiːtom]
Falado en: México
Rexións: Sonora
Total de falantes: 720 (censo de 2020)[1]
Familia: Posiblemente hokana
 Seri
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: sei
Mapa
Status

O seri está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua seri (que na súa propia lingua é chamada: cmiique iitom) é unha lingua indíxena falada por entre 716[3] e 900[4] persoas pertencentes ao pobo seri, que habita en Punta Chueca e El Desemboque, dúas aldeas na costa de Sonora, México.[4] A lingua é xeralmente considerada como illada, mais intentouse incluíla na teórico familia de linguas hokanas.[5] Non se atoparon evidencias concretas de conexións con outras linguas.

Os primeiros rexistros da lingua seri son do ano 1692,[6] mais a poboación permaneceu bastante illada. Os traballos de investigación sobre a lingua seri comezaron en 1951 por Edward e Mary Beck Moser co Summer Institute of Linguistics.[7]

A lingua é viable dentro da súa comunidade e úsase libremente na vida cotiá. As excepcións inclúen a escola primaria e secundaria, algunhas partes dos servizos da igrexa locais e as comunicacións con falantes de castelán fóra da comunidade seri.[8] A maioría dos membros da comunidade, incluídos os mozos, dominan a súa lingua, mais a poboación de falantes é pequena e o coñecemento cultural foi diminuíndo dende que o estilo de vida tradicional de cazadores-recolectores foi substituído esencialmente na década de 1930 por asentamentos fixos. Ademais, moitos nenos xa non dominan a lingua por diversos motivos (escolas, Internet ou relacións sociais fóra da comunidade) e algúns nenos son completamente monolingües en castelán. Por estes motivos, o seri está catalogado como lingua vulnerable pola UNESCO.[9]

  1. Lenguas indígenas y hablantes de 3 años y más, 2020 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. INEGI. Censo de Población y Vivienda 2020.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. La situación sociolingüística de la lengua seri en 2006.
  4. 4,0 4,1 Ethnologue report for Seri
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :1
  6. "The Seri Indians in 1692 as Described by Adamo Gilg". Arizona and the West 7. 
  7. "Seri Texts". 
  8. Marlett, Stephen A (2006). "La situación sociolingüística de la lengua seri en 2006" (PDF). 
  9. "UNESCO". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne