Lingua shan

Shan
ၵႂၢမ်းတႆးယႂ်
Pronuncia:[lik.táj]
Outros nomes:Tai Yay
Falado en: Myanmar e Tailandia
Rexións: Estado Shan
Total de falantes: 3,3 millóns (2001)
Posición: 25
Familia: Tai-kadai
 Linguas tai
  Suroeste (Tai)
   Noroeste
    Shan
Escrita: Alfabeto birmano (escrita shan)
Status oficial
Lingua oficial de: Myanmar
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: shn
ISO 639-3: shn
Mapa
Status

A lingua shan[1] (en escrita shan: လိၵ်ႈတႆး, en birmano: ရှမ်းဘာသာ, en tailandés: ภาษาไทใหญ่) é a lingua nativa do pobo shan, que é falada principalmente no Estado Shan, en Myanmar. Tamén é falada en zonas do Estado Kachin en Myanmar, no norte de Tailandia, e de xeito residual en Assam. O shan é membro da familia tai–kadai, e está relacionada coa lingua tailandesa. Ten cinco tons, que non se corresponden exactamente cos tons tailandeses, máis un "sexto ton" empregado para a énfase. É chamada Tai Yai ou Tai Long en lingua tailandesa.

O número de falantes de shan é descoñecido en parte porque non se sabe o tamaño da poboación shan. En 2001, Patrick Johnstone e Jason Mandryk estimaron en 3,2 millóns os falantes de shan en Myanmar; o Instituto da Lingua e Cultura da Universidade Mahidol estimou o número de falantes shan en Tailandia en 95 000 en 2006.[2] Moitos shan tamén falan dialectos locais así como a lingua dos seus veciños con fins comerciais. Por mor da guerra civil en Myanmar, poucos shan son quen de ler ou escribir en escrita shan, que foi derivado do alfabeto birmano.

  1. Entrada shan en Digalego
  2. "A lingua shan en Ethnologue". Consultado o 16 de maio de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne