Shilha Tashelhiyt | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Taclḥit | |
Falado en: | Marrocos | |
Rexións: | Atlas, Anti-Atlas, Sous, Draa | |
Total de falantes: | 7.200.000 (2016) | |
Familia: | Linguas afroasiáticas Linguas bérberes Setentrional Atlas Shilha | |
Escrita: | Alfabeto árabe, latino, tifinagh | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | shi
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
O shilha é unha lingua bérber falada polo pobo shilha, un grupo étnico de oito millóns de persoas que habitan no suroeste de Marrocos. O shilha é falado nunha área que abrangue arredor de 100 000 km²,[2] e comprende as montañas do Alto Atlas e as rexións do sur ata o río Draa, incluíndo o Anti-Atlas e a conca aluvial do río Sous. As meirandes zonas urbanas da rexión son a cidade costeira de Agadir (cunha poboación de máis de 400 000 persoas) e as vilas de Guelmim, Taroudant, Oulad Teima, Tiznit e Ouarzazate.