Tagalo Wikang Tagalog | ||
---|---|---|
Falado en: | Filipinas | |
Total de falantes: | 28 millóns (2007) 45 millóns como segunda lingua (2013) | |
Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Protofilipino Filipino Filipino central Tagalo clásico Tagalo | |
Escrita: | Alfabeto latino (Tagalo/Filipino), braille filipino Historicamente Baybayin | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Filipinas (co nome de filipino) | |
Regulado por: | Comisión da Lingua Filipina | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | tl
| |
ISO 639-2: | tgl, fil (B) | --- (T) |
ISO 639-3: | fil tgl, fil
| |
Mapa | ||
Status | ||
O tagalo[2] é unha lingua austronesia falada como primeira lingua por un cuarto da poboación de Filipinas e como segunda lingua por boa parte do resto dos seus habitantes.[3] É a lingua nativa dos tagalos, que predominan na rexión IV (Calabarzón e Mimaropa), de Bucalán e da Gran Manila. A súa forma estandarizada recibe o nome de filipino e é a lingua nacional e de facto unha das dúas linguas oficiais canda o inglés, contando con 24 216 000 de falantes nativos, deles 21 500 000 en Filipinas.[4]