Tepecano | ||
---|---|---|
Falado en: | ![]() | |
Rexións: | Xalisco | |
Extinción: | c. 1980 | |
Familia: | Linguas uto-aztecas Uto-aztecas meridionais Linguas tepimanas Tepecano | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | tep
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua tepecana é unha lingua morta indíxena de México que pertence á familia uto-azteca. Outrora foi falada por un pequeno grupo de persoas en Azqueltán, Xalisco, unha pequena vila a carón do río Bolaños na parte norte do estado, xusto ao leste do pobo huichol. O seu parente máis achegado era a tepehuano do sur falada no estado de Durango. Polo que se sabe, o último falante de tepecano foi Lino de la Rosa (nado o 22 de setembro de 1895), que aínda vivía en febreiro de 1980.[2]
A investigación sobre o tepecano foi realizada por primeira vez polo antropólogo e lingüístico estadounidense John Alden Mason en Azqueltán entre 1911 e 1913. Este traballo levou á publicación dunha monografía cun bosquexo gramatical en 1916, así como un artigo sobre oracións nativas en tepecano que Mason recollera de informantes en 1918. A investigación de campo posterior foi realizada polo lingüista estadounidense Dennis Holt en 1965 e de 1979 a 80, mais ningún dos seus resultados foron publicados polo momento.[3]