Lingua tumbuka

Tumbuka
chiTumbuka
Falado en: Tanzania Zambia e Malawi
Total de falantes: 2 600 000 (2006-2010)
Familia:
 Atlántico-congolesa
  Benue–congolesa
   Bantoide meridional
    Bantú
     Tumbuka
Códigos de lingua
ISO 639-1: tum
ISO 639-2: tum
ISO 639-3: tum
Mapa
Status

O tumbuka está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua tumbuka é unha lingua bantú que se fala na Rexión Norte de Malawi e tamén no distrito Lundazi de Zambia.[2] Tamén é coñecida como chiTumbuka ou ciTumbuka — o prefixo chi- diante de Tumbuka significa "a lingua de", e enténdese que se refire á lingua do pobo tumbuka. O tumbuka pertence ó mesmo grupo de linguas que o chewa e o sena.[3]

O World Almanac (1998) estima que hai arredor de 2 000 000 de falantes de tumbuka, malia que outras fontes suxiren un número máis cativo. A maioría dos falantes de tumbuka concéntranse en Malawi.[2] O tumbuka é a lingua máis amplamente falada do norte de Malawi, destacando os distritos Rumphi, Mzuzu e Mzimba.[4]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Michigan State University African Studies Center information page Arquivado 23 de novembro de 2015 en Wayback Machine..
  3. Kiso (2012), pp.21ff.
  4. University of Malawi (2006) Language Mapping Survey for Northern Malawi.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne