Wymysorys Wymysiöeryś | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Vilamovian | |
Falado en: | Polonia | |
Rexións: | Wilamowice | |
Total de falantes: | 20 (2017)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica occidental Alto alemán Wymysorys | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | wym
| |
Mapa | ||
Status | ||
O wymysorys (wymysiöeryś), tamén coñecido como vilamoviano, é unha lingua xermánica falada na pequena vila de Wilamowice, en Polonia (Wymysoü en wymysorys), na fronteira entre Silesia e Pequena Polonia, preto de Bielsko-Biała.[3][4] Está considerada unha lingua seriamente ameazada,[3] xa que ten arredor de 70 ou 100 falantes nativos,[3][5] todos eles bilingües e a maioría de avanzada idade.[3] Así e todo dende o século XXI o wymysorys amosa signos de revitalización, ensínase a lingua na escola local, aparecen novos autores e a lingua recobra paseniñamente a súa función comunicativa [6] e signo de identidade local.