Xudeoportugués Lingua xudeoportuguesa | ||
---|---|---|
Falado en: | Alemaña Brasil Inglaterra Países Baixos Estados Unidos | |
Total de falantes: | Pouco menos de 2.000, cun uso litúrxico. | |
Familia: | Indoeuropea Románica Itálico Romance Romance occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Galego-portugués Xudeoportugués | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
O xudeoportugués é unha lingua morta, que era falada polos xudeus sefardís de Portugal.[1] Esa forma lingüística era vernacular dos xudeus de Portugal antes do século XVI e sobreviviu en moitas comunidades da diáspora dos Judeus da Nação Portuguesa. Os seus textos eran escritos no alfabeto hebreo ou latino.[2] Poderían terse escrito tamén en alxamía.[3]
En relación á lingua materna, o xudeoportugués garda grandes similitudes, o que fixo ser pronto asimilada cando o número de falantes xudeus escaseou na Península Ibérica. O seu léxico é composto basicamente polas palabras portuguesas, agregándose a este conxunto palabras prestadas do hebraico mais tamén do ladino.[4] Existe un pequeno testemuño desa variante lingüística na obra de Gil Vicente, o Auto da Barca do Inferno. Tamén foi influenciada pola lingua dos xudeus españois, o ladino, mais era distinta desa, xa que os xudeus lusos nunca foron expulsados do seu país, senón que foron forzados a conversión.
Moitos dos cristiáns novos continuaron a secretamente observar o xudaísmo e preservar a lingua até que inquisición se estabeleceu en Portugal en 1536, producindo unha onda migratoria dos conversos cara a Francia, Holanda, Inglaterra e Américas.
Por mor das súas semellanzas, o xudeoportugués morreu axiña en Portugal, mais sobreviviu na diáspora como lingua do día a día até comezos do século XIX. Tamén sobrevive en forma de substrato no papiamento.[5][6][7]