Yawuru | ||
---|---|---|
Falado en: | Australia | |
Rexións: | Broome, Australia Occidental | |
Total de falantes: | 152 (censo de 2021)[1] | |
Familia: | Linguas nyulnyulan Orientais Yawuru Yawuru | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ywr
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua yawuru é unha lingua aborixe de Australia falada por 152 persoas (segundo datos de 2021) na costa ao sur de Broome, en Australia Occidental. Pertence á familia lingüística de linguas nyulnyulan. Ten unha orde de palabras relativamente libre.[2]
A finais da década de 1990, o número de falantes fluídos do yawuru caera a tan só uns poucos, pero algúns máis novos dedicáronse a aprender a lingua e agora ensínana nas escolas e nas clases de adultos en Broome.[3]