Linguas caddo

Caddo
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Grandes Chairas
Total de falantes: <4000 (1981)[1]
66 (2009)[2]
Familia: Unha das familias lingüísticas primarias
 Caddo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas caddo[3] son unha familia lingüística das linguas amerindias. Falábanse ó longo das Grandes Chairas, no centro dos Estados Unidos, dende Dacota do Norte a Oklahoma. Está relacionada coas linguas síux e as linguas muskogees, razón pola cal, Edward Sapir as incluíu a todas no grupo hoka-sioux. Porén, Charles Voegelin, encadrounas no chamado grupo Macro-Sioux.

Posiblemente, estas linguas faláronse orixinalmente nas Grandes Chairas, dende Dacota do Sur cara ó sur até o nordeste de Texas e cara ó leste cara ás terras boscosas de Arcansas e Luisiana. Máis ó norte estaban os arikara, que se moveron cara ó norte despois do contacte co asentamento da Reserva india de Fort Berthold, en Dacota do Norte. Os arikara eran unha póla dos pawnee, que viviron orixinalmente na zona de Nebrasca pero que se reasentaron en Olahoma. Na zona que hoxe é Kansas e parte de Oklahoma viviron os wichita. Máis ó sur estaban os kitsai, os cales se asentaron cos wichita en Oklahoma no século XIX. As zonas de Luisiana-Arcansas e o leste de Texas estaban habitadas polos caddo que viven na rexión de Anadarko.

  1. Nesta cifra contáronse o total do grupo étnico, non o número de falantes.
  2. Ethnologue:Statistical summaries
  3. Definición de caddo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne