Linguas chibchas | ||
---|---|---|
Falado en: | Colombia, Costa Rica, Venezuela, Honduras, Panamá e Nicaragua | |
Rexións: | Centroamérica e noroeste de América do Sur | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Americana Macrochibcha ? Linguas chibchas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
As linguas chibchas[1] son unha familia lingüística composta por un amplo grupo de linguas faladas por varios pobos amerindios, cuxo territorio tradicional se estende dende o nordeste de Honduras, a costa caribeña de Nicaragua, a maior parte de Costa Rica e Panamá, así como algunhas partes de Colombia e o oeste de Venezuela. O nome da familia deriva dunha lingua extinta chamada lingua chibcha ou muisca (Muysccubun), outrora falada polo pobo muisca que vivía no Altiplano Cundiboyacense, sendo Bogotá a súa capital do sur no momento da invasión española. Porén, as análises xenéticas e lingüísticas sinalan que o berce das linguas chibchas non está en Colombia, senón nunha área da fronteira entre Costa Rica e Panamá, onde se atopa a maior variedade de linguas desta familia.