Linguas atapascanas | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Dene | |
Falado en: | América do Norte | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Linguas atapascanas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ath
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
As linguas atapascanas[1] é o nome dun grupo de linguas indíxenas, faladas polas tribos coñecidas como atapascas ou atabascas, localizados en dous grupos principais, un no sur de Norteamérica, e o outro no noroeste do continente; e entón designase así tamén á súa familia lingüística. A familia atapascana é unha das maiores familias lingüísticas de América do Norte, polo número de idiomas que agrupa e o número dos seus falantes —a familia uto-azteca, que se estende por México ten máis parlantes—. En tamaño de territorio, só as linguas álxicas cobren unha maior área.
A verba atapascano provén do nome cree, aðapaskāw (onde hai plantas unhas tras outras), en referencia ao lago Athabasca, no Canadá. O nome púxollo Albert Gallatin na súa clasificación de 1836 sobre as linguas do norte de América, escribindo explicitamente que fora unha denominación arbitraria.