Linguas cananeas

As Linguas cananeas son unha subfamilia das linguas semíticas, que foron faladas polos antigos pobos da rexión de Canaán, incluíndo cananeos, hebreos, fenicios, e eventualmente filisteos. Todas elas extinguíronse como linguas nativas ao principio do primeiro milenio da nosa era, aínda que o hebreo permaneceu no uso literario e relixioso entre os xudeus, e foi revivida como lingua habitual falada a fins do século XIX por Eliezer Ben-Yehuda. Os fenicios (e especialmente a expansión cartaxinesa) difundiron a súa lingua cananea cara ao Mediterráneo occidental durante un tempo, pero alí tamén desapareceu, aínda que parece ter sobrevivido algo máis que na Fenicia mesma.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne