Linguas polinesias

Linguas polinesias
Falado en: Polinesia
Total de falantes:
Familia: Linguas austronesias
 Linguas malaio-polinesias
  Linguas oceánicas
   Linguas do Pacífico central
    Fidxianas orientais-polinesias
     Linguas polinesias
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas polinesias[1][2] son un grupo xenealóxico de linguas que forman parte da rama oceánica da familia de linguas austronesias. Existen 38 linguas polinesias, as cales representa o 7% das 522 linguas oceánicas que existen, e o 3% das linguas austronesias.[3] Mentres que a metade delas son faladas na rexión xeográfica da Polinesia (o triángulo polinésico), a outra metade, coñecidas como polinesias periféricas, son faladas noutras partes do Pacífico, dende Micronesia aos atois de Papúa-Nova Guinea, pasando polas Illas Salomón ou Vanuatu. As linguas polinesias máis importantes segundo o número de falantes son o tahitiano, o samoano, o tongano, o maorí e o hawaiano.

  1. Definición de polinesio -sia no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polinesio.
  3. Fonte: Glottolog.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne