Linguas turcas | ||
---|---|---|
Falado en: | De Europa oriental até o oeste da China e Mongolia | |
Total de falantes: | 170 millóns | |
Familia: | Linguas altaicas Linguas turcas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas turcas[1] son unha familia de linguas composto polo menos por 35 linguas,[2] faladas polos pobos turcos dende o suroeste de Europa e o Mediterráneo até Siberia e o oeste da China. As linguas turcas xurdiron na rexión do leste de Asia e espalláronse cara ó oeste da China e de Mongolia, onde se cre que se falou o prototurco hai 2 500 anos,[3] dende onde se expandiu cara a Asia central e mais ó oeste no primeiro milenio.[4]
As lingua turcas son faladas como lingua nativa por preto de 170 millóns de persoas, e o número total de falantes turcos, incluíndo os falantes como segunda lingua, é de máis de 200 millóns.[5][6][7] A lingua con maior número de falantes da familia é o turco, falado principalmente en Anatolia e os Balcáns, representando o 40% de tódolos falantes de linguas turcas.[4]