Linguas uto-aztecas | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América e México | |
Total de falantes: | Arredor de 2 millóns de falantes | |
Familia: | Unhas das principais familias de linguas do mundo. Linguas uto-aztecas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas uto-aztecas[1] é unha familia de linguas indíxenas de América, que comprenden máis de 30 linguas. As linguas uto-aztecas fálanse exclusivamente no oeste dos Estados Unidos de América e México. O nome da familia foi creado para incluír as ute de Utah e as linguas nahuas de México.
A familia uto-azteca é unha das meirandes familias lingüísticas de América en número de falantes, número de linguas e extensión xeográfica.[2] A máis setentrional é a shoshone, que se fala en Salmon, Idaho, mentres que a máis meridional é a lingua pipil do Salvador. Ethnologue ofrece unha cifra do número total de linguas, 61, e do número total de falantes, 1 900 412.[3] Os case 1,5 millóns de falantes de náhuatl, representan un 78,9% do total.