Unha linguaxe compilada é unha linguaxe de programación que tipicamente se implementa mediante un compilador. Isto implica que unha vez escrito o programa, este tradúcese a partir do seu código fonte por medio dun compilador nun arquivo executable para unha determinada plataforma (por exemplo Solaris para Sparc, Windows NT para Intel etc.).