Literatura experimental

A literatura experimental é un nome xenérico que agrupa varias prácticas literarias contemporáneas, xa sexa en forma de relato, novela ou poesía, que poñen énfase formal na innovación, especialmente en termos de técnica literaria.[1] A palabra novela experimental apareceu por primeira vez nos escritos teóricos de Émile Zola, que quería crear unha forma de literatura sociolóxica que poña en práctica o método científico do naturalismo.[2] A colección que recompila os escritos de Zola titúlase Le Roman expérimental, de 1880. Hoxe, o termo úsase en oposición ao realismo, e para definir unha literatura guiada pola imaxinación e as formas non tradicionais de contar historias.

  1. "Literatura Experimental: O que é?" (en portugués). 2024-08-22. Consultado o 2024-12-06. 
  2. David Lodge, The Art of Fiction, Penguin, Londres, 1992; p. 105

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne