Live at Reading | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de directo de Nirvana | ||||
Edición | 3 de novembro do 2009 | |||
Gravación | 30 de agosto de 1992 | |||
Duración | 78:00 | |||
Xénero(s) | grunge | |||
Selo(s) | DGC | |||
Producido por | Nirvana, Michael Meisel, John Silva | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Live at Reading é un CD/DVD ao vivo da banda estadounidense de grunge Nirvana, editado o 3 de novembro do 2009, coa crónica do concerto ofrecido o 30 de agosto de 1992 no Reading Festival. Despois da actuación houbo gran cantidade de copias piratas e esta foi a primeira vez que se editou remasterizado e coa cor corrixida.
A interpretación do tema "Lithium" apareceu anteriormente no seu vídeo Live! Tonight! Sold Out!!, no ano 1994. A interpretación de "Tourette's" foi tamén lanzada anteriormente, neste caso no recompilatorio de temas ao vivo From the Muddy Banks of the Wishkah, aparecido en 1996.