Live on I-5 | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de directo de Soundgarden | ||||
Edición | 22 de marzo do 2011 | |||
Gravación | 30 de novembro – 18 de decembro de 1996 | |||
Duración | 77:57 | |||
Xénero(s) | metal alternativo, grunge, rock alternativo, heavy metal | |||
Selo(s) | A&M Records | |||
Producido por | Adam Kasper | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Live on I-5 é un álbum ao vivo da banda estadounidense de grunge Soundgarden. Foi gravado durante a etapa pola costa oeste estadounidense da súa xira de 1996, e publicado o 22 de marzo do 2011. O disco foi anunciado, o primeiro ao vivo da súa carreira, o 13 de xaneiro do 2011 na súa páxina web. O título foi referencia á estrada Interstate 5, que percorre a costa do Pacífico dos Estados Unidos. A banda contratou a Adam Kasper para gravar varios concertos cun camión alugado que tña un gravador de 24 pistas. A edición do disco estaba prevista para despois da xira, pero separáronse e as cintas quedaron no Studio X (agora Bad Animals Studio).